lunes, 11 de marzo de 2013

Viaxe 4




Xa podedes consultar o listado definitivo das persoas inscritas na VIAXE 4 programada para o xoves 14 de marzo de 2013

¡¡ATENCIÓN!! LISTADO ACTUALIZADO (13/03/2013)
Consultar Listado Viaxe 4 (13/03/2013)



O programa previsto é o seguinte:

  • 8:30 h ; Saída (parada de autobús diante do Centro Comercial Catro Camiños, ao lado do Corte Inglés - A Coruña)
  • 9:00 h; Parada intermedia en Betanzos - Gasolineira de Montellos ao lado da saída "Betanzos - Mabegondo" da autovía A6.
  • 9:00 h - 9:30 h; Desprazamento cara Vilarmaior
  • 9:30 h - 10:30 h ; Visita Albergue Alvarella (Vilarmaior)
  • 10:30 h - 10:45 h; Desprazamento cara Miño
  • 10:45 h - 11:45 h; Visita Daldea Pousadoira (Miño)
  • 11:45 h - 12:00 h; Descanso/Café
  • 12:00 h - 12:30 h; Desprazamento cara Paderne
  • 12:30 h - 14:30 h; Visita Adega Casa Beade e Queixos Cagiao (Paderne)
  • 14:30 h - 15:00 h; Regreso cara A Coruña (con parada intermedia en Betanzos)

ATENCIÓN:
Nas anteriores viaxes quedaron prazas libres no autobús de xente que non acudiu e que previamente non avisara.
POR FAVOR, se non podedes vir avisade antes xa que se está a quedar xente interesada  fóra.
SEDE PUNTUAIS

miércoles, 27 de febrero de 2013

Viaxe 3


Xa podedes consultar o listado definitivo das persoas inscritas na VIAXE 3 programada para o xoves 07 de marzo de 2013

¡¡ATENCIÓN!! LISTADO ACTUALIZADO (05/03/2013)
Consultar Listado Viaxe 3




O programa previsto é o seguinte:

  • 8:00 h ; Saída (parada de autobús diante do Centro Comercial Catro Camiños, ao lado do Corte Inglés - A Coruña)
  • 8:30 h; Parada intermedia en Betanzos - Gasolineira de Montellos ao lado da saída "Betanzos - Mabegondo" da autovía A6.
  • 8:30 h - 9:30 h; Desprazamento cara Melide
  • 9:30 h - 10:30 h ; Visita SAT Fungocerga (Melide)
  • 10:30 h - 11:00 h; Desprazamento
  • 11:00 h - 11:30 h; Descanso/Café
  • 11:30 h - 12:30 h; Visita Cooperativa Melisanto (Melide)
  • 12:30 h - 13:00 h; Desprazamento cara Curtis
  • 13:00 h - 14:00 h; Visita Casa de Vilarullo (Curtis)
  • 14:00 h - 15:00 h; Regreso cara A Coruña (con parada intermedia en Betanzos)


ATENCIÓN:
Nas anteriores viaxes quedaron prazas libres no autobús de xente que non acudiu e que previamente non avisara.
POR FAVOR, se non podedes vir avisade antes xa que se está a quedar xente interesada  fóra.
SEDE PUNTUAIS

miércoles, 20 de febrero de 2013

Carné Manipulador de Alimentos

Podedes consultar o listado de inscrición para a obtención do carné de manipulador de alimentos.

Día: 4 de marzo de 2013
Lugar: CFEA Guísamo
Horario: 16:00 - 21:00 h (a confirmar)

Consultar listado

O número de prazas dispoñibles é unicamente de 35, polo que si algunha das persoas inscritas non está finalmente interesada ou cre que ese día non poderá asistir, por favor pregamos nolo comuniquedes para poder abrir a posibilidade a outros compañeiros.

martes, 19 de febrero de 2013

Viaxe 2 - Xoves, 21 de febreiro

Xa podedes consultar o listado definitivo das persoas inscritas na VIAXE 2 programada para o xoves 21 de febreiro de 2013

Consultar Listado Viaxe 2





O programa previsto é o seguinte:
  • 8:00 h ; Saída (parada de autobús diante do Centro Comercial Catro Camiños, ao lado do Corte Inglés - A Coruña)
  • 8:30 h; Parada intermedia en Betanzos - Gasolineira de Montellos ao lado da saída "Betanzos - Mabegondo" da autovía A6.
  • 8:30 h - 9:00 h; Desprazamento cara Vedra
  • 9:00 h - 10:00 h ; Visita Atlantic Galician Spirits/Augardentes de Galicia (Vedra)
  • 10:00 h - 10:30 h; Desprazamento cara A Estrada
  • 10:30 h - 11:00 h; Descanso/Café
  • 11:00 h - 12:30 h; Visita Sidrería Armenteros (A Estrada)
  • 12:30 h - 13:15 h; Desprazamento cara Santiago
  • 13:15 h - 14:15 h; Visita Cervexería artesán Peregrina (Santiago de Compostela)
  • 14:15 h - 15:00 h; Regreso cara A Coruña

ATENCIÓN:
Por solicitude dunha parte dos participantes inclúese unha parada intermedia para a xente interesada en Betanzos.
POR FAVOR, SEDE PUNTUAIS

viernes, 15 de febrero de 2013

XORNADAS PARA O FOMENTO DO EMPRENDEMENTO NA SEDE DA FUNDACIÓN JUANA DE VEGA


O vindeiro martes 19 de febreiro terá lugar, na seda da Fundación Juana de Vega, a primeira Xornada para o Fomento do Emprendemento no Medio Rural, enmarcada no Programa Integrado para o Emprego “Rural-Emprega” que está a desenvolver o GDR Mariñas – Betanzos, co apoio da Fundación Juana de Vega, o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), a Rede Eusumo e a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

Desde o GDR “Mariñas – Betanzos”, a través do Programa Integrado para o Emprego “Rural – Emprega”, así como desde a Fundación Juana de Vega, a través do I Programa de Apoio ao Emprendemento Agroalimentario, estase a fomentar e apoiar distintas iniciativas emprendedoras no medio rural co obxectivo de xerar oportunidades para as persoas desempregadas, orientadas ao autoemprego.

A xornada do próximo martes será a primeira dun ciclo de xornadas, que terá lugar na sede da Fundación Juana de Vega (CÓMO CHEGAR Á FUNDACIÓN JUANA DE VEGA), entre as 10 e 14 horas:
  • Xornada 1. “A produción ecolóxica e retos para a súa comercialización nos circuitos curtos”. Martes 19 de Febreiro.
  • Xornada 2. “Transformados: produción e comercialización”. Luns 25 de Febreiro.
  • Xornada 3. “Obradoiro: cooperativismo e coworking”. Luns 4 de Marzo.
  • Xornada 4. “Claves para emprender con éxito”. Luns 11 de Marzo.
  • Xornada 5. “Emprego verde e economía sostible”. Luns 18 de Marzo.
  • Xornada 6. “Emprendemento: estudo de mercado, plan de márketing e deseño de produto”. Luns 25 de Marzo.
  • Xornada 7. “O estado da ciencia e oportunidades para o emprendemento no sector agroalimentario I”. Luns 22 de Abril.
  • Xornada 8. “O estado da ciencia e oportunidades para o emprendemento no sector agroalimentario II”. Luns 29 de Abril.
  • Xornada 9. “Oportunidades para o financiamento e apoio a iniciativas emprendedoras I”. Luns 6 de Maio.
  • Xornada 10. “Oportunidades para o financiamento e apoio a iniciativas emprendedoras II”. Luns 13 de Maio.


Entre os obxectivos destas xornadas están os de:
  • Identificar oportunidades de autoemprego con base ao aproveitamento dos recursos locais.
  • Proporcionar aos participantes os coñecementos e ferramentas para a posta en marcha dunha iniciativa de autoemprego.
  • Propiciar a reflexión sobre as oportunidades emprendedoras existentes no territorio de “Mariñas – Betanzos”.
  • Fomentar o autoemprego e o cooperativismo.
  • Animar a cooperación entre os emprendedores e o desenvolvemento de espazos para esa cooperación.

Estas xornadas están dirixidas ás persoas desempregadas que están a participar no Programa Integrado para o Emprego “Rural-Emprega”.

NO SEGUINTE ENLACE PODES DESCARGAR O PROGRAMA DAS 4 PRIMEIRAS XORNADAS: PROGRAMA

jueves, 14 de febrero de 2013

Inscritos Viaxes 1 e 2

Estimados amigos e amigas:

Unha vez efectuado o proceso de selección partindo das vosas preferencias para as viaxes, as persoas finalmente inscritas para as dúas primeiras saídas son as seguintes:

Consultar Listado para a Viaxe 1 (18/02/2013)
Consultar Listado para a Viaxe 2 (21/02/2013)

Por votación maioritaria entre os interesados nas viaxes, o punto de saída e chegada do autocar será A Coruña (parada de autobús fronte ao Centro Comercial Catro Camiños, ao lado do Corte Inglés e Estación de Autobuses).

Resultado votación saída/chegada autocar

Consultar plano punto saída e chegada autocar
Consultar punto de saída e chegada en Google Maps

lunes, 11 de febrero de 2013

Viaxes demostrativas

O vindeiro luns 18 de febreiro iníciase a xeira de visitas demostrativas enmarcadas no Programa Rural-Emprega.

Ao longo destas xornadas, os participantes terán a ocasión de coñecer de primeira man unha ampla selección dalgunhas das iniciativas emprendedoras máis interesantes dentro do ámbito agroalimentario galego.

Para participar nestas viaxes debedes anotarvos cubrindo un cuestionario de interese que se repartirá durantes as clases. Tamén podedes descargar dito formulario premendo AQUÍ ou chamando ao teléfono da Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos.

As listaxes de inscritos para cada unha das visitas publicaranse neste mesmo espazo web ou poderán ser consultadas por vía telefónica.

¡AS PRAZAS SON LIMITADAS!