lunes, 11 de febrero de 2013

Viaxes demostrativas

O vindeiro luns 18 de febreiro iníciase a xeira de visitas demostrativas enmarcadas no Programa Rural-Emprega.

Ao longo destas xornadas, os participantes terán a ocasión de coñecer de primeira man unha ampla selección dalgunhas das iniciativas emprendedoras máis interesantes dentro do ámbito agroalimentario galego.

Para participar nestas viaxes debedes anotarvos cubrindo un cuestionario de interese que se repartirá durantes as clases. Tamén podedes descargar dito formulario premendo AQUÍ ou chamando ao teléfono da Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos.

As listaxes de inscritos para cada unha das visitas publicaranse neste mesmo espazo web ou poderán ser consultadas por vía telefónica.

¡AS PRAZAS SON LIMITADAS!


No hay comentarios:

Publicar un comentario