viernes, 19 de octubre de 2012

PROGRAMA RURAL EMPREGA

O Programa Rural-Emprega está enmarcado nos Programas Integrados para o Emprego dirixidos á inserción laboral das persoas en situación de desemprego. Este Programa está sendo posto en marcha pola Asociación de Desenvolvemento Rural "Mariñas - Betanzos" e cofinanciado pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

DURACIÓN DO PROGRAMA

A duración do Programa Rural-Emprega será de 6 meses. Iniciarase no mes de Decembrod e 2012 e rematará en Xuño de 2013.

COLECTIVOS AOS QUE VAI DIRIXIDO

Este Programa vai dirixido aos seguintes colectivos dos concellos de Abegondo, Aranga, Arteixo, A Coruña, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Cesuras, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza dos Ríos, Paderne, Sada e Sobrado dos Monxes.
  • Persoas desempregadas.
  • Mozos e mulleres.
  • Persoas desempregadas en risco de exclusión social.
  • Persoas inmigrantes.
  • Persoas con discapacidade.
QUE SE PRETENDE CON ESTE PROGRAMA?

O Programa Rural-Emprega pretende baixo un enfoque innovador, dar formación eminentemente práctica a desempregados/as sobre a PRODUCIÓN HORTÍCOLA e de AGROINDUSTRIA E TRANSFORMADOS (marmeladas, conservas vexetais, sidra, viño) ECOLÓXICOS, con clases teóricas presenciais entre os meses de decembro e febreiro. Nunha 2ª fase trataríase de facilitar que o alumnado se formara con produtores que xa están traballando na actualidade nos nosos 18 concellos. 

Ademáis tamén haberá outra especialidade deste Programa, que será COWORKING E INICIATIVA EMPRENDEDORA, dirixida a 30 participantes que traballarán na xeración de iniciativas de emprego sostibles e que contarán con formación e apoio para o desenvolvemento dos plans de empresa.




No hay comentarios:

Publicar un comentario