O vindeiro martes 19 de febreiro terá lugar,
na seda da Fundación Juana de Vega, a primeira Xornada para o Fomento do
Emprendemento no Medio Rural, enmarcada no Programa Integrado para o Emprego
“Rural-Emprega” que está a desenvolver o GDR Mariñas – Betanzos, co apoio da
Fundación Juana de Vega, o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), a
Rede Eusumo e a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.
Desde o GDR “Mariñas – Betanzos”, a través do
Programa Integrado para o Emprego “Rural – Emprega”, así como desde a Fundación
Juana de Vega, a través do I Programa de Apoio ao Emprendemento
Agroalimentario, estase a fomentar e apoiar distintas iniciativas emprendedoras
no medio rural co obxectivo de xerar oportunidades para as persoas
desempregadas, orientadas ao autoemprego.
A xornada do próximo martes será a primeira
dun ciclo de xornadas, que terá lugar na sede da Fundación Juana de Vega (CÓMO CHEGAR Á FUNDACIÓN JUANA DE VEGA), entre
as 10 e 14 horas:
- Xornada 1. “A produción ecolóxica e retos para a súa comercialización nos circuitos curtos”. Martes 19 de Febreiro.
- Xornada 2. “Transformados: produción e comercialización”. Luns 25 de Febreiro.
- Xornada 3. “Obradoiro: cooperativismo e coworking”. Luns 4 de Marzo.
- Xornada 4. “Claves para emprender con éxito”. Luns 11 de Marzo.
- Xornada 5. “Emprego verde e economía sostible”. Luns 18 de Marzo.
- Xornada 6. “Emprendemento: estudo de mercado, plan de márketing e deseño de produto”. Luns 25 de Marzo.
- Xornada 7. “O estado da ciencia e oportunidades para o emprendemento no sector agroalimentario I”. Luns 22 de Abril.
- Xornada 8. “O estado da ciencia e oportunidades para o emprendemento no sector agroalimentario II”. Luns 29 de Abril.
- Xornada 9. “Oportunidades para o financiamento e apoio a iniciativas emprendedoras I”. Luns 6 de Maio.
- Xornada 10. “Oportunidades para o financiamento e apoio a iniciativas emprendedoras II”. Luns 13 de Maio.
Entre os obxectivos destas xornadas están os
de:
- Identificar oportunidades de autoemprego con base ao aproveitamento dos recursos locais.
- Proporcionar aos participantes os coñecementos e ferramentas para a posta en marcha dunha iniciativa de autoemprego.
- Propiciar a reflexión sobre as oportunidades emprendedoras existentes no territorio de “Mariñas – Betanzos”.
- Fomentar o autoemprego e o cooperativismo.
- Animar a cooperación entre os emprendedores e o desenvolvemento de espazos para esa cooperación.
Estas xornadas están dirixidas ás persoas
desempregadas que están a participar no Programa Integrado para o Emprego
“Rural-Emprega”.
NO SEGUINTE ENLACE PODES DESCARGAR O PROGRAMA DAS 4 PRIMEIRAS XORNADAS: PROGRAMA
No hay comentarios:
Publicar un comentario