O luns 21 de xaneiro de 2013 tivo lugar no Edificio do Liceo de Betanzos a Xornada "Novas Oportunidades de Emprendemento no Sector Cooperativo", organizada pola Oficina de Fomento Cooperativo do Consorcio As Mariñas e á que tiveron ocasión de asistir os participantes no Programa Integrado para o Emprego "Rural-Emprega".
Ademais das ponencias desenvolvidas durante a xornada, o público asistente tivo a oportunidade de visitar a exposición "Descubre as Cooperativas", encadrada na Rede Eusumo fomentada pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario