lunes, 27 de mayo de 2013

Xornada sobre o cultivo do Lúpulo

Estimadas/os participantes no Programa Integrado RURAL-EMPREGA,

O vindeiro mércores 5 de xuño terá lugar no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo unha xornada sobre o cultivo do Lúpulo no territorio de Mariñas-Betanzos.



Durante as ponencias, teremos a sorte de poder escoitar a expertos do sector tanto en aspectos agronómicos como de procesado, comercialización e oportunidades de emprendemento.

Para pechar a xornada tentaremos facer unha cata informal centrada nas cervexas artesás, incluíndo a que vós mesmos elaborastes durante as prácticas.


Contamos coa vosa asistencia!!!!!

Data: mércores, 5 de xuño de 2013
Lugar: CFEA de Guísamo
Hora: 10:00 h


martes, 14 de mayo de 2013

Seminarios de Cooperativismo


Estimadas amigas e amigos,

Os vindeiros 21 e 22 de maio terán lugar en Abegondo dous seminarios de emprendemento centrados no cooperativismo. Si estades interesados en asistir é necesario anotarse canto antes, chamándonos a nós ou ben a través do contacto que figura no programa. Xúntovos información ao respecto.





















jueves, 9 de mayo de 2013

Xornada do Lúpulo e da cervexa artesá

Estimados amigos,

Estamos a ultimar a configuración dunha xornada sobre o cultivo do lúpulo (aspectos agronómicos, de procesado así como a súa potencialidade como oportunidade de emprendemento). Nesta mesma data farase a cata da cervexa elaborada durante as prácticas do Itinerario II "Agroindustria e Transformados".



Cando teñamos a data concreta volo comunicaremos.

¡Contamos coa vosa asistencia!, ¡Estade atentos!

Saúdos

martes, 16 de abril de 2013

NOVAS ACTIVIDADES 4ª SEMANA ABRIL


ENTREGA DE ACREDITACIÓNS DA FORMACIÓN DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS


Data: 24/04/2013
Lugar: Casa consistorial do concello de Paderne
Horario: 10:00 h

viernes, 12 de abril de 2013

NOVAS ACTIVIDADES 3ª SEMANA DE ABRIL

Estimadas amigas e amigos, na semana do 15-19 de abril están programadas as seguintes actividades ás que vos convidamos a participar:

XORNADA PARA O EMPRENDEMENTO: Estudo de Mercado, Plan de Marketing e Deseño de Produto
Data: 15/04/2013
Lugar: Sede da Fundación Juana de Vega
Horario: 10:00 - 14:00 h
Dirixido a: todos os participantes no Programa RURAL-EMPREGA

Ver programa:












SEMINARIO DE "HORTOCOSMÉTICA"
Data: 16/04/2013
Lugar: Aula multimedia do concello de Abegondo
Horario: 16:30 - 20:00 h
Dirixido a: inscritos no Itinerario II "Agorindustria e Transformados" do Programa RURAL-EMPREGA



lunes, 1 de abril de 2013

Viaxe 6


Xa podedes consultar o listado definitivo das persoas inscritas na VIAXE 6 programada para o xoves 4 de abril de 2013

Consultar Listado Viaxe 6 (01/04/2013)







O programa previsto é o seguinte:
  • 8:00 h ; Saída (parada de autobús diante do Centro Comercial Catro Camiños, ao lado do Corte Inglés - A Coruña)
  • 8:30 h; Parada intermedia en Betanzos - Gasolineira de Montellos ao lado da saída "Betanzos - Mabegondo" da autovía A6.
  • 8:30 h - 9:30 h; Desprazamento cara Valdoviño
  • 9:30 h - 10:30 h ; Visita Agrícola Curuxeira (Valdoviño)
  • 10:30 h - 11:00 h; Desprazamento
  • 11:00 h - 11:30 h; Descanso/Café
  • 11:30 h - 12:30 h; Visita Cooperativa O Val (Narón)
  • 12:30 h - 13:15 h; Desprazamento cara Miño
  • 13:15 h - 14:15 h; Visita Granxa O Cancelo (Miño)
  • 14:15 h - 15:00 h; Regreso cara A Coruña (con parada intermedia en Betanzos)

ATENCIÓN:
Nas anteriores viaxes quedaron prazas libres no autobús de xente que non acudiu e que previamente non avisara.
POR FAVORse non podedes vir avisade antes xa que se está a quedar xente interesada  fóra.
SEDE PUNTUAIS

lunes, 18 de marzo de 2013

Viaxe 5



Xa podedes consultar o listado definitivo das persoas inscritas na VIAXE 5 programada para o xoves 21 de marzo de 2013

¡¡ATENCIÓN!! LISTADO ACTUALIZADO (19/03/2013)
Consultar Listado Viaxe 5 (19/03/2013)





O programa previsto é o seguinte:
  • 8:00 h ; Saída (parada de autobús diante do Centro Comercial Catro Camiños, ao lado do Corte Inglés - A Coruña)
  • 8:30 h; Parada intermedia en Betanzos - Gasolineira de Montellos ao lado da saída "Betanzos - Mabegondo" da autovía A6.
  • 8:30 h - 9:30 h; Desprazamento cara Palas de Rei
  • 9:30 h - 11:00 h ; Visita Arqueixal (Palas de Rei)
  • 11:00 h - 11:30 h; Descanso/Café
  • 11:30 h - 12:00 h; Desprazamento
  • 12:00 h - 13:30 h; Visita Cooperativa Millhulloa
  • 13:30 h - 14:15 h; Desprazamento cara Chantada
  • 14:15 h - 15:45 h; Comida
  • 15:45 h - 16:00 h; Desprazamento
  • 16:00 h - 17:00 h; Visita Galletas Daveiga (Chantada)
  • 17:00 h - 18:00 h; Visita Custom Drinks (Chantada)
  • 18:00 h - 20:00 h; Regreso cara A Coruña (con parada intermedia en Betanzos)
NOTAS:
  1. Por motivos de operatividade suprímese a visita inicialmente prevista á empresa "Galletas Maruxa"
  2. A previsión da visita é comer en Chantada, ben de bocata ou ben nun restaurante para os que o prefirades 
ATENCIÓN:
Nas anteriores viaxes quedaron prazas libres no autobús de xente que non acudiu e que previamente non avisara.
POR FAVORse non podedes vir avisade antes xa que se está a quedar xente interesada  fóra.
SEDE PUNTUAIS